Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha trintena de persoas forman parte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

3/12/2018

O pasado sábado en asemblea extraordinaria reactivouse este colectivo nomeando xunta directiva

Unha trintena de persoas constitúen a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil que o pasado sábado celebrou asemblea extraordinaria para a súa reactivación.  Polo momento de forma provisional terán a súa sede na nave municipal en Guillarei, a expensas de que sexa habilitada unha zona específica, segundo informa o concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Castro Negro.  Na asemblea do pasado sábado procedeuse á baixa daqueles voluntarios que figuraban anteriormente e non querían continuar, e a dar de alta a novas incorporacións. Tamén se nomeou á nova xunta directiva formada por David Ferreira Álvarez, como presidente, Juan Manuel González Estévez, secretario, María Fernanda Abreu Estevez, tesoureira, e Nicolás Francisco Martínez Pazo, Alberto Solleiro Álvarez e Adolfo Pérez Paramos com vogais. Amais o xefe da Agrupación será Manuel Arca Caeiro, e o interlocutor con outras institucións o concelleiro de Seguridade,  Antonio Castro Negro.

As funcións da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Tui serán prestar axuda en diversos eventos, acudir a accidentes baixo mando da Policía Local, excluíndo incendios onde non poderán actuar.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, avanzou amais que de forma paralela foi adxudicado o Plan Municipal de Emerxencia.