Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha delegación Tudense visita a localidade de Frómista nesta fin de semana

15/04/2013

Participan nas festas do “San Telmillo”

 

Unha delegación de veciños da cidade de Tui visitaran esta fin de semana a localidade de Frómista unida a Tui por un acordo de irmanamento dende o ano 1985. Nesta vila da provincia de Palencia naceu no século XIII  San Pedro González Telmo.

 

Un autobús con mais de sesenta tudenses, encabezados polo Alcalde e outros concelleiros da Corporación Municipal, achéganse este sábado e domingo ata Frómista para participar nos actos festivos que culminan as festas na honra do noso común patrón San Telmo.

 

O acordo de irmamento coa localidade de Frómista está asinado no ano 1985 e dende aquela son numerosas as oportunidades en que tudenses e fromisteños se teñen atopado nalgunha das localidades compartindo a súa comúns devoción a San Telmo e os alongados lazos de amizade establecidos.

 

O programa previsto é o seguinte:

 

Sábado 13 de abril de 2013

12,00 h. Benvida oficial

14,00 h.: Comida popular “Paellada” cos veciños de Frómista Tarde: Visita guiada á Igrexa de San Martín, ao Museo Virtual “Vestigia, Leyenda del Camino” e Canal de Castilla.

23,00 h.: Verbena popular

 

Domingo 14 de abril de 2013

12:00 h.     Santa Misa e cambio de Vítor acompañado polos Danzantes de Frómista

14,00 h.: Comida de irmandade

17,00 h.: Regreso a Tui

 

Para o alcalde de Tui esta viaxe era unha vella aspiración que pretende revitalizar o acordo de irmanamento existente entre Tui e Frómista e a alongada amistade que existe entre estas localidade e numerosos dos seus veciños.