Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha andaina con eramus é unha das actividades de “Xuventude en Movemento” esta fin de semana

22/10/2012

Concertos de A Jigsaw e Maryland e a actuación do mago Martín Camiña outras propostas paralelas

 

A celebración o vindeiro venres e sábado, 26 e 27 de outubro respectivamente, da campaña de difusión da iniciativa europea “Xuventude en Movemento”, programa marco da Estratexia Europa 2020 que pretende fomentar a mobilidade, a educación, o emprego e o espírito empresarial entre a xuventude. Para dar a coñecer esta iniciativa a Comisión Europea promove unha campaña de difusión que chega a eurocidade Tui – Valença nesta vindeira fin de semana.

 

Unha carpa que xa comezou a instalarse no céntrico Paseo da Corredoira tudense, a Comisión Europea a través de diversas institucións participantes ofrecerá información sobre os seus programas de emprego, educación, cultura ou mobilidade (Erasmus, Marie Curie, Erasmus para Mozos Emprendedores). Ao longo da xornada organizaranse obradoiros sobre cómo utilizar os medios de comunicación social para procurar emprego, innovación no ámbito rural, o ensino de idiomas, a Formación Profesional Dual alemá, entre outros. Os actos de campaña implican a organización de seminarios, debates, etc. Pero tamén haberá unha oferta paralela de espectáculos, concertos de música, concursos, deportes, postos expositivos e actividades de celebración do vixésimo quinto aniversario do Programa Erasmus.

 

Entre as actividades programadas está unha andaina entre Valença e Tui que comezará o sábado ás 11,00 na fortaleza de Valença e rematará na carpa que acolle este encontro de “Xuventude en movemento” ás 13,00 horas. Está prevista a participación de boa parte dos máis de 200 Erasmus que estarán en Tui nesta fin de semana e está aberta á participación de todos os interesados estando previstos diversos agasallos a todos os participantes. Os interedados deben inscribirse a través de facebook:   http://www.facebook.com/XuventudeEnMovemento

 

Pero as actividades comezará no venres cun concerto no Paseo da Corredoira dende as 20,30 horas a cargo de dous grupos da eurorrexión Galicia Norte de Portugal que máis destacada presenza manteñen no panorama musical nos últimos tempos.

 

A Jigsaw é una banda blues-folk portuguesa, formada en Coimbra, polo trio: João Rui, Jorri e Susana Ribeiro. O seu son é caracteristicamente multi-instrumentista, podéndose escoitar unha guitarra e unha harmónica,  un “banjo” e un contra-baixo ou unhas castañolas, un bombo tradicional ou un violín. Están considerados pola revista holandesa Heaven Magazine como un dos proxectos de “indie folk americano” máis interesante e orixinal do continente europeo.

 

Completará o concerto de apertura a banda galega Maryland que ten xa varios traballos editados no mercado e que son unha das apostas más firmes no panorama musical peninsular no power-pop Formado por Pablo Castelo, “bajista” do grupo e o seu irmán Rubén Castelo (voz e guitarra). Outra parella de irmáns, Arturo (guitarra e voz) e Jaime Gutiérrez de la Cámara (batería), integran este quinteto, que completa Iván Patiño aos teclados.

 

Finalmente na clausura desta campaña o sábado ás 19,30 horas terá lugar a actuación do mago galego Martín Camiña que combinará un espectáculo no que hai monólogos, humor e trucos de maxía.

 

Xunto a estas propostas paralelas no exterior da carpa haberá unha actividade artística con varios mozos e mozas de Tui e a súa contorna que ofrecerán as súas propostas e intervencións no céntrico Paseo da Corredoira tudense.

 

Máis información en:  http://ec.europa.eu/youthonthemove

http://www.facebook.com/XuventudeEnMovemento

https://twitter.com/JEM_XEM