Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"Un Nadal cheio de contos" mañá mércores na Biblioteca Municipal de Tui

15/12/2009

A Biblioteca Pública Municipal de Tui presenta o espectáculo "Un Nadal cheo de contos"

 

A Compañía Tarabelos trae á cidade dous contos clásicos de Nadal como son "Canción de Nadal" de Charles Dickens e "O primeiro día do Nadal" da Biblia

 

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle o espectáculo de contacontos "Un Nadal cheo de contos" da agrupación "Tarabelos". A representación farase o vindeiro xoves 17 de decembro a partires das 17:30 horas para disfrute de tódolos rapaces que queiran acudir. Será nas dependecias da Biblioteca Municipal ubicada no Edicifio Área Panorámica (c/Colón nº2), onde nas últimas semanas as actividades infantís está a acadar unha grande participación, ata encher a Sala Féliz Rodríguez en diversas ocasións.


A compañía Tarabelos, de Marín, mistura diversos elementos para facer unha "narración ilustrada", utilizando títeres, teatro de sombras, escenarios e outras técnicas teatrais para ilustrar a narración do contacontos. Os guións, a escenografia e a creación de títeres e outros corre a cargo de Esteban Acuña.


Os contos que poderán ver e escoitar os cativos de Tui son "Canción de Nadal" de Charles Dickens (Ilustrado con títeres de luva, pompas de xabón e outros) e "O primeiro día do Nadal" da Biblia (Ilustrado con disfraces da época e cos propios nenos que fan un Belén vivente). O espectáculo vai dirixido a rapaces de a partir de tres anos e ten unha duración aproximada de 50 minutos. Esta actividade forma parte do programa "Letras Vivas" da Direcciópn Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Conselleria de Cultura e Turismo coa colaboración da Concelleria de Cultura do Concello de Tui.

 

Con esta actividade comeza a programación do "Nadal con libros" da Biblioteca Pública Municipal tudense que abrangue novas actividades nos vindeiros días 22 de decembro, coa representación da obra "Un conto de sempre" por Títeres Cascanueces, e diversas proxeccións de obras de animación para os cativos os días 29, 30 de decembro e 4 de xaneiro.