Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un grupo de xornalistas especializados en turismo e viaxes visitan mañá Tui

2/03/2020

A viaxe está organizada pola Red de Juderías de España, tras a incorporación de Tui a esta asociación

Un grupo de oito xornalistas nacionais especializados en turismo e viaxes visitarán mañá Tui tras a incorporación da cidade á Red de Juderías de España.

A mostra está organizada pola propia Red de Juderías para dar a coñecer o  patrimonio xudeu de Tui, coma unha das 22 cidades que forman parte da rede.

A xerente da Red, Marta Puig, acompañará a Magdalena Munar, Javier García Blanco, Carlos Pascual, Javier Carrión, Carmelo Jordá, Hernando Reyes, Javier Gutiérrez e Marta de Perales, nesta viaxe a Galicia. Amais de a Tui tamén se achegarán a Monforte de Lemos e Ribadavia para que poidan achegarse ao coñecemento do patrimonial que se conserva da comunidade.

Mañá na súa visita a Tui serán recibidos polos responsables municipais. Percorrerán co conxunto histórico acompañados polo historiador Suso Vila. Está previsto que se acheguen até o Museo Diocesano, para coñecer a colección excepcional de “Sambenitos” que alí se conservan, así como a Catedral tudense que custodia no se claustro a representación da menorá ou candeeiro de sete brazos que simboliza ao pobo xudeu.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destaca que esta visita é unha excepcional oportunidade para a divulgación e promoción do patrimonio xudeu así como dos amplos recursos patrimoniais e naturais que posúe a cidade tudense.