Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un grupo de 150 peregrinos partía esta mañá desde a Eurocidade a Santiago de Compostela

23/07/2013

Martes, 23 de xullo de 2013. Esta mañá 150 mozos e mozas procedentes da Diocese de Orihuela-Alicante comezaban a súa peregrinaxe  desde a Ponte Internacional do Miño cara a Santiago de Compostela.

 

O grupo chegaba onte a nosa cidade onde celebraron unha eucaristía na Catedral de Santa María, para logo pernoctar no pavillón municipal de deportes tudense.

 

Esta mañá comezaban a súa andaina en Valença do Miño cruzando así a Ponte Internacional ata Tui, onde a súa primeira etapa levaraos ata O Porriño.

 

Esta peregrinación realízase en comuñón coa Xornada Mundial da Xuventude Río 2013 baixo o lema “Ide e facede discípulos entre todos os pobos”.

 

Este grupo de 150 peregrinos alacantinos percorrerá 102,7 km da nosa comunidade facendo paradas en O Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e finalmente en Santiago de Compostela o día 27 , onde estarán en conexión coa vixilia de Río 2013 para seguir en directo a mensaxe do Papa Francisco aos xoves do mundo.