Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un centenar de nenos e nenas participarán este domingo na 4ª Xornada de Promoción do Bádminton en Tui

12/03/2019

Celebrarase no pavillón do IES San Paio de 9.30 h a 14.30 h

Un centenar de xogadores e xogadores das categorías benxamín e infantil participarán este domingo, 17 de marzo, en Tui na 4ª Xornada da Copa de Promoción de Bádminton que se vai celebrar no pavillón do IES San Paio en Tui.

O alcalde, Carlos Vázquez, o concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides e a presidenta do Club Bádminton Tui, Marisa Giráldez, deron conta hoxe de todos os detalles desta competición que naceu hai tres anos co obxectivo de promocionar o bádminton na provincia.

De 9.30 h a 14.30 h os xogadores e xogadoras, de clubs de toda a provincia, disputarán os partidos de dobres na que será unha xornada máis festiva que competitiva, e que para moitos será a primeira vez que participen nunha iniciativa destas características.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, felicitou aos organizadores do Bádminton Tui agradecendo o seu esforzo e animándoo a seguir adiante coa promoción deste deporte.  O concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría, destacou a traxectoria do club que na súa terceira temporada reúne xa a 120 xogadores de 5 a 17 anos, e a 18 adultos.  O xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides, aludiu á progresión experimentada na provincia na práctica do bádminton, lembrando coma esta Copa Promoción naceu hai tres anos – con Marisa Giráldez coma madriña dicía – precisamente para promocionar este deporte.

Marisa Giráldez, presidenta do Bádminton Tui, lembrou os inicios desta competición que se puxo en marcha con moito esforzo, dicía, e coma conta xa tres anos despois con mellor infraestrutura que no seu comezo. Mañá pecharán a inscrición para a proba desta domingo en Tui pero avanzou que agardan chegar aos 120 participantes.