Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui súmase este sábado, 24 de marzo, á Hora do Planeta

22/03/2018

De 20.30 a 21.30h será apagada a iluminación da Catedral de Tui

Por sexto ano consecutivo o Concello de Tui súmase á Hora do Planeta, unha iniciativa posta en marcha hai 11 anos pola ONG WWF coa que se pretende concienciar sobre o cambio climático e amosar o compromiso coa defensa do medio ambiente.

En Tui como acto simbólico este sábado, 24 de marzo, de 20.30h a 21.30h apagarase a iluminación da Catedral de Santa María, como o monumento máis emblemático da cidade.  Amais dende o Concello de Tui faise un chamamento á cidadanía a sumarse a esta campaña e apagar tamén as luces este sábado de 20.30h a 21.30h.

A ONG WWF plantexa nos próximos tres anos aproveitar a capacidade do mobilización da Horal do Planeta para sensibilizar ao mundo sobre o cambio climático e perda de vida salvaxe, xa que son dous problemas asociados.