Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Tui súmase aos actos do Día Mundial da SIDA

29/11/2019

A casa do concello de Tui iluminarase de vermello na noite deste sábado ao domingo con motivo do Día Mundial da SIDA que se celebra este domingo 1 de decembro. O lema deste ano é “As comunidades marcan a diferenza” co que se quere recoñecer o papel fundamental que as comunidades teñen desempeñado e continúan a desempeñar na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

Por outra parte o departamento de Servizos Sociais ten repartido material informativo, con información sobre o virus do VIH e a prevención da SIDA tanto na Biblioteca Pública Municipal de Tui coma en distintos bares.