Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui recibiu onte a visita dun centena0r de participantes no Congreso Internacional da Camelia

17/03/2014

Luns, 17 de marzo de 2014. Tui recibiu na mañá de onte domingo a visita de preto dun centenar de participantes no Congreso Internacional da Camelia celebrado en Pontevedra. A presenza en Tui enmárcase nas actividades do poscongreso na que se contemplan visitas a lugares de interese turístico destacados da provincia de Pontevedra coma é o caso da cidade de Tui.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañado por algúns concelleiros da corporación municipal, deu a benvida aos congresistas provenientes de 12 países distintos á cidade de Tui. O rexedor explicoulles a situación fronteiriza, os seus principais atractivos, e os convidou a actuar de embaixadores turísticos de Tui nos seus lugares de orixes. O alcalde agasallou a Patricia Short, presidenta da Sociedade Internacional da Camelia, da International Camelia Associated, cunha fotografía da inauguración da vella ponte internacional en 1886.  Patricia Short, de orixe estadounidense que reside en Reino Unido, explicou que tamén as camelias tenden pontes entre persoas, culturas e países agradecendo a hospitalidade coa que foron recibidos en Tui.

A continuación os congresistas realizaron unha visita guiada á Catedral deTui e ao Conxunto Histórico da cidade.