Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui recibe unha axuda de 3 mil euros da Deputación para a asistencia técnica derivada da presentación de candidaturas ao abeiro do PIREP Local

22/07/2022

O Concello de Tui é beneficiario dunha axuda de 3 mil euros da Deputación de Pontevedra para o financiamento da asistencia técnica derivada da presentación de candidaturas de proxectos subvencionables ao abeiro da convocatoria do PIREP Local, o Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos.

Esta achega forma parte das subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50 mil habitantes. As axudas articúlanse en dúas modalidades os proxectos REACPON, que financia os gastos derivados da asistencia técnica que se contrate para preparar a documentación de solicitude de subvención necesaria e presentada á convocatoria PIREL LOCAL, así como á revisión e   adaptación dos proxectos REACPON ás esixencias desta convocatoria. Na outra modalidade, OUTROS PROXECTOS, fináncianse os gastos derivados da asistencia técnica que se contrate para a preparación da documentación de solicitude de subvención necesaria e a súa presentación á convocatoria PIREP LOCAL.

Cómpre lembrar que Tui presentou ao PIREP os proxectos para a rehabilitación do Teatro Principal e do edificio municipal situado na rúa Camilo José Cela.