Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Tui é xa membro de pleno dereito da Red de Juderías de España

4/10/2019

O municipio poderá optar a fondos para a promoción do patrimonio xudeu

Tui é dende hoxe membro de pleno dereito da Red de Juderías de España. Na 52ª asemblea desta entidade, celebrada esta tarde en Hervás, formalizouse a incorporación de catro novas cidades: Tui, Béjar, Sagunto e Lorca. Con este paso complétase o proceso de admisión de novas  entidades que comezou o ano pasado coa presentación de candidaturas que foi resolta no mes de maio.

Na asemblea desta tarde o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, como representante do Concello de Tui nesta asemblea,  deu conta do patrimonio tudense vinculado aos xudeus coma os Sambenitos ou as marcas criptoxudías.  Laureano Alonso cualificou o encontro de “experiencia moi enriquecedora e positiva”, destacando o impulso de promoción do patrimonio xudeu que supón formar parte desta Red de Juderías de España integrada por 22 municipios .

O responsable tudense de Turismo, quixo destacar tamén o feito de que a rede destina o 20% do seu orzamento a proxectos vinculados coa posta en valor do legado xudeu, uns fondos aos que Tui poderá dende agora optar presentando proxectos en ámbitos coma a música, a cultura, a gastronomía,…

Hoxe amais estableceuse un primeiro contacto entre Tui con Monforte e Ribadavia para poder plantexar actividades conxuntas dos tres municipios galegos integrados na rede.