Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui e Versmold asinaron o acordo de irmandade

9/04/2013

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e o alcalde de Versmold, Thorsten Klute, asinaron esta tarde  nun acto desenvolvido no salón de sesións da Casa do Concello de Tui o acordo de irmandade entre os dous municipios.  A iniciativa deste acordo de irmandade entre Tui e Versmold xorde da ampla colonia de emigrantes tudenses, especialmente das parroquias de Paramos e Baldráns, que desenvolveron na localidade xermana a súa actividade laboral, moitos xa volveron a Tui pero un importante número aínda reside en Versmold, cunha importante actividade social naquela localidade. Estes lazos están na base do posterior acordo das autoridades locais de ratificar esta relación coa sinatura deste acordo de irmandade.

 

A entrega por parte do alcalde de Tui do acordo de irmandade ao alcalde de Versmold.

O acto rematou nos xardíns de Troncoso coa plantación dunha maceira agasallo de “Versmold”, para que as raíces desta irmande crezan igual que as desta árbore. 

Plantación dunha árbore.