Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau

24/02/2023

Este domingo día 26, miles de persoas partirán en comitiva e de rigoroso loito dende a praza de San Fernando ás 19.30 h.

Este domingo, 26 de febreiro,  celebrarase en Tui o Enterro do Bacallau, que despedirá o Entroido na localidade. A partir das 19.30 h, miles de persoas partirán en comitiva dende a praza de San Fernando para despedir o Entroido, nun desfile ao que asistirán as once comparsas que participaron no desfile-concurso do Martes de Entroido, xunto a todas aquelas persoas que o desexen, sempre de rigoroso loito.

A comitiva sairá dende a praza de San Fernando, onde se dará lectura ás coplas, para percorrer as rúas Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, o paseo da Corredoira,  as rúas Augusto González Besada, Ourense e rematará no aparcadoiro municipal -na traseira do edificio Francisco Sánchez- onde terá lugar a cerimonia de incineración para dar remate á festa.

Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo estará prohibido o estacionamento no aparcadoiro municipal dende as 11.00 até as 22.00 h.