Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui desafía á choiva co seu desfile de Entroido, “Alicia e a raíña de corazóns” de Matamá levouse o primeiro premio absoluto

12/02/2013

Tui desafía á choiva co seu desfile de Entroido

“Alicia e a raíña de corazóns” de Matamá levouse o primeiro premio absoluto

 

Martes, 12 de febreiro de 2013. Pese ao mal tempo e a choiva que caiu ao longo de toda a tarde Tui celebrou hoxe o seu desfile-concurso de Entroido. Pese á mala climatoloxía miles de persoas encheron de novo as rúas novas da cidade para, paraugas en man, disfrutar da creatividade e imaxinación dos participantes.

 

A gañadora na categoría absoluta foi a comparsa “Alicia e a raíña de corazóns” de Matamá de Vigo, que fixo unha representación do clásico conto cunha perfecta sincronización por parte dos seus integrantes. Esta comparsa levou tamén o terceiro premio en carrozas e en acompañamento musical.

 

O segundo premio na categoría absoluta foi para “Cantos Somos...as leiriñas do Concello”  que se fixo co quinto posto en carrozas e co primeiro en acompañamento musical.

 

A representación da Fórmula 1 realizada pola comparsa de  “Delegación Maranelo Pexegueiro” levouse o terceiro premio na categoría absoluta, así como o segundo en carrozas co seu coche de Ferrari, e o segundo tamén en acompañamento musical.

 

Na categoría absoluta o cuarto premio foi para o Borralliño de Soutelo cunha gran representación dos 100 anos de Universal Estudios, con representación amais de distintas películas, que se levou tamén o primeiro premio de carrozas. O quinto posto foi para “A Sanidade vaise ao garete” de Caldelas, o sexto para os “Piratas de Lembrazas” de Guillarei, e o sétimo premio foi para “Luces de Tomiño” con Asterix, Obelix e os Vikingos.

 

En carrozas o cuarto premio foi para “Os Grecomacanudos” de Gondomar, o sexto para “Selva da Amazonas” e o sétimo para “Luces de Tomiño”.

 

O Entroido en Tui despedirase o próximo domingo con Enterro do Bacallau a partir das 19.30h.

 



Premios

 

Absolutos

1º.- Alicia e a raíña de corazóns

2º.- Cantos Somos...as leiriñas do Concello

3º.- O Borralliño

5º.- A Sanidade vaise ao garete

6º.- Os piratas de Lembranzas

7º.- Luces de Tomiño

 

Carrozas

1º.- O Borralliño

2º.- Delegación Maranelo Pexegueiro

3º.- Alicia e a raíña de corazóns

4º.- Os Grecomacanudos

5º.- Cantos Somos... As Leiriñas do Concello

6º.- Selva da Amazonas

7º.- Luces de Tomiño

 

Acompañamento Musical

1º.- Cantos Somos... As Leiriñas do Concello

2º.- Delegación Maranelo Pexegueiro

3º.- Alicia e a raíña de corazóns