Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolleu a II Xuntanza de Usuarios do Servizo de Teleasistencia da Deputación

1/08/2014

Xoves, 31 de xullo de 2014. Onte á tarde tivo lugar no Centro Interfederado de Tui a II Xuntanza de Usuarios do Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra. Á mesma asistiron usuarios deste servizo de Tui, Nigrán, Baiona, O Rosal, Oia e Tomiño.

O alcalde de Tui e deputado provincial, Moisés Rodríguez, xunto á concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, deu á benvida aos usuarios que disfrutaron dunha animada tarde coa actuación do mago Noel, e de música. Moisés Rodríguez salientou o bo funcionamento do servizo de teleasistencia que salientaba "realiza un gran traballo".