Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle un programa de voluntariado xuvenil centrado "no camiño portugués"

17/09/2013

Un programa de Voluntariado Xuvenil promovido polo Concello de Tui ao abeiro da convocatoria da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, permitira o desenvolvemento dunha mellor atención aos peregrinos do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago no concello de Tui mediante unha actuación a desenvolver ata o mediados do vindeiro mes de outubro.

 

Entre os obxectivos deste programa de voluntariados están

-         Proporcionar información aos peregrinos que acoden a Tui no seu itinerario de peregrinación a Compostela

-         Inspeccionar as condicións da ruta de peregrinación e os seus servizos complementarios

-         Ofrecer información sobre recursos turísticos de Tui e a súa contorna

-         Informar doutros recursos de interese para os peregrinos: servizos públicos, médicos, farmacéuticos, etc.

 

O labor que realicen estes voluntarios se centrará nos seguintes lugares de nosa cidade: Oficina Municipal de Turismo na Praza de San Fernando, Centro de Interpretación do Camiño Portugués no antigo convento de San Domingos e Albergue de peregrinos do Xacobeo.

 

Neste proxecto participan catro mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade. os participantes recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.

 

Cabe lembrar que a nosa cidade é o primeiro lugar, fóra do Camiño Francés, escollido polos peregrinos para iniciar o seu itinerario a Compostela, asi no pasado mes de agosto foron case 2500 os que comezaron en Tui a súa peregrinación sendo estranxeiros a maioría deles.

 

Con este programa preténdese xunto a mellorar a atención aos peregrinos incentivar a participación dos mozos e mozas en actividades de voluntariado como unha ferramenta de acción social e enriquecemento persoal.