Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle o vindeiro lúns 4 de xuño unha homenaxe ao Bispo Salvado presidida polo Embaixador de Australia

29/05/2007

TUI ACOLLE O VINDEIRO LÚNS 4 DE XUÑO UNHA HOMENAXE A FREI ROSENDO SALVADO PRESIDIDA POLO EMBAIXADOR DE AUSTRALIA A cidade de Tui acollerá o vindeiro lún 4 de xuño de 2007 un acto de homenaxe á figura de Frei Rosendo Salvado, misonero no século XIX en Australia, co gallo do CLX aniversario da fundación da abadía-misión de Nova Nursia. Estes actos estarán presididos polo Embaixador de Australia en España, Noel Campbell, e polo Alcalde de Tui en funcións, Antonio Feliciano Fernández Rocha.O programa desta homenaxe é o seguinte:12,00 h.: Recepción ao Embaixador e convidados no edificio Área Panorámica de Tui.De seguido percorrido a pé por diversos lugares da cidade tudense vencellados á figura do P. Salvado: a súa casa natal, Catedral, Concello e Seminario.13,15 h.: Descubrimento dunha praca conmemorativa na estatua ao Bispo Salvado na Praza da Inmaculada.Estes actos están organizado polo Concello de Tui e a Australia-Spain Business Association – ASBA Galicia e xorden do crecente interese que a figura do frade tudense Rosendo Salvado suscita en Australia. Así queren rendirlle esta homenaxe de lembranza e respeto ao conmemorarse este ano o CLX aniversario da fundación da abadía- misión de Nova Nursia.A súa defensa dos aborixes australianos nunha época colonial onde eran completamente desprezados e marxinados e o proxecto que concebiu para a súa misión de Nova Nursia suscitan, cada día con máis forza, respeto e admiración.Nos actos a celebrar en Tui asistirán tamén diversas entidades e colectivos que promoven nos últimos años as relacións entre Galicia e Australia. FREI ROSENDO SALVADO naceu en Tui o 2 de marzo de 1814, tras realizar os seus estudios no Seminario tudense e ao negarlle as ordes sagradas o Bispo de Tui trasladouse ao mosteiro benedicitino de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, onde salienta pola súas habilidade coa música como organista. Tras a desamortización trasládase ao mosteiro de La Cava en Nápoles – Italia onde finalmente é ordeado presbíteroen 1839.Máis tarde acolle a invitación da Congregación “Propaganda Fidei” para evanxelizar en Australia. A Igrexa Católica quere introducirse no nacente mercado australiano, un enorme territorio dominado polos ingleses e no que a Igrexa anglicana leva, unha boa ventaxa na conversión dos indíxenas. Chega, xunto con outros monxes benedictinos, o 8 de xaneiro de 1846 ás costas de Australia. O primeiro obxectivo que tiñan os monxes era atopar indíxenas. Rosendo Salvado foi clarividente á hora de evaluar a problemática indixena en Australia. O que era extraño na súa época en Australia era a consideración que tiña polos indixenas. O 1 de marzo de 1846 celebran a súa primeira misa no lugar que ían misionar e un ano despois, 1 de marzo de 1847, comeza a construcción da abadía misión de Nova Nursia. Este acontecemento é que lembraremos en Tui o vindeiro lúns.En 1849 é nomeado Bispo de Porto Victoria, pero axiña retorno á Nova Nursia, ao pecharse aquela colonia. Promoveu a creación dun Colexio Misionero Benedictino en El Escorial e que Silos, Montserrat e Samos foran declarados “Colegios de Ultramar”; é considerado como restaurador da Orde Benedictina en España.Amáis de bo literato posuía grandes coñecementos de botánica e era un excelente músico. A súa querencia polos aborixes levouno a renunciar aos nomeamentos como Bispo de Porto Rico e Lugo e a solicitar a Inglaterra o ser declarado aborixe australiano, para mellor defendelos nun momento histórico de mentalidade colonial e racistaVisitou Roma, por última vez á avanzada idade de oitenta e seis anos.   Hospedouse no mosteiro de San Pablo, onde se convertiria nunha figura de referencia para os novos cregos polas súas historias da misión.Morreu o 29 de decembre de 1900 e o seu corpo foi levado de volta para ser enterrado baixo o altar da pequena Catedral de Nova Nursia.Mantivo sempre unha estreita relación coa cidade de Tui que visitou en varias oportunidades e onde residía a súa familia.