Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle o I Festival Internacional de Contacontos “Verbum Volam”, con Candido Pazó e José Luis Gutiérrez

26/10/2006

Tui acolle o I Festival Internacional de Contacontos “Verbum Volam”
Cándido Pazó e Jose Luis Gutiérrez protagonizan esta actividade

A palabra toma o protagonismo este venres sobre o escenario do Teatro Municipal de Tui. Contos, lendas, historias,... na voz de dous excelentes narradores Jose Luis Gutiérrez Guti de Sanabria e Candido Pazó de Galicia. Eles van ser os responsables da primeira edición do Festival Internacional de Contacontos “Verbum Volam” que dirixe Avelino González. A cita será este venres 27 de outubro, ás 21.30h. As localidades poranse á venda ás 16.30h na Área Panorámica ao prezo de 3€, 2€ con desconto e 1€ os menores de 12 anos.

José Luis Gutiérrez García é natural de Galende en Sanabria , unha terra onde o leonés, o galego e o castelán conviven e dan forma a unha cultura de singular riqueza. É gaiteiro, cantador, bailador e sobre todo contador de historias. Chegou ao conto coma parte de un traballo máis amplo sobre a etnografía, e os contos e romances que emprega foron recollidos directamente de narradores tradicionais.

Por outra parte Cándido Pazó, contacontos galego, presenta un enfiado de historias, lerias e contos baixo o título de “Por certo”. Historias recollidas en tabernas forman parte do seu amplo repertorio. Ten unha longa traxectoria profesional iniciada en 1975, participando dende entón en mostras de teatro, programas de televisión e películas de cine. Ten desenvolvido tamén un amplo traballo coma guionista de televisión con destaque na serie “Mareas Vivas” da TVG.

Festival Internacional de Contacontos “Verbum Volam”
Lugar: Teatro Municipal
Data: Venres 27 de outubro ás 21.30h
Prezo das entradas: 3€, 2€ e 1€
Venda de localidades o venres dende ás 16.30h
Organiza: Concellería de Cultural do Concello de Tui