Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle hoxe o II Encontro Poético “A Cidade con ollos de poeta”

8/05/2014

 

Xoves 7 de maio de 2014. A cidade de Tui acolle hoxe xoves o II Encontro Poético “A Cidade con ollos de poeta” na que participa o IES San Paio de Tui xunto aos institutos do Porriño, Sanxenxo e Vilalonga. Nesta actividade colabora o Concello de Tui.

 

Tratase dunha xornada poética na que van participar 250 alumnos e os sues profesores dos IES San Paio de Tui, Ribera do Louro do Porriño, Sanxenxo e Vilalonga, que comezará ás 10.30h e rematará ás 18.30h desenvolvendo a súa actividade en diferentes espazos da cidade.

 

A primeira cita será ás 10.30h no vestíbulo da Área Panorámica coa recepción dos participantes, que ás 11h asistirán en diferentes salas deste edificio a obradoiros impartidos polos poetas galegos Lucía Aldao, Fran Alonso, Rosalía Fernández Rial, María Lado e Elvira Riveiro, e os casteláns Raquel Lansero e Raúla Vacos. Tamén participará o grupo “Xardín desordenado”.   A partir das 12.10h tanto o alumnado coma os poetas tomarán as rúas de Tui baixo o lema “A cidade con ollos de poeta” portando e coreando versos.

 

Ás 13h a actividade trasladarase ata o Teatro Municipal, na Área Panorámica, onde nun acto aberto tamén ao público en xeral, comezará un recital poético no que participarán os alumnos e os poetas convidados acompañados musicalmente polo grupo “Xardís desordenado” . Ao remate deste acto daranse a coñecer os gañadores do I Certame E_poesía nas categorías de twitpoema e poemavisual.

 

A partir das 16.30h a actividade retomarase en distintos escenarios  con “Tendal poético” no Penedo, “Poesía e memoria histórica” na Alameda, “Feira poética” e confección de pegadas poéticas en papel de embalaxe  no Paseo da Corredoira. Por último ás 18h  no Palco da Música no Cantón de Diomedes realizarán unha solta de globos con mensaxes dos poetas participantes.

 

Esta xornada forma parte do proxecto Enredando Versos.