Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle este venres a presentación do libro “A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego” de Anxel Cardín

28/03/2023

Será no edificio Francisco Sánchez ás 20:00 h. Intervirán no acto Rafael Sánchez Bargiela, historiador, Luís Cuntín, investigador sociolóxico, e Anxel Cardín, o autor

Este venres, 31 de marzo, ás 20.00 h terá lugar na sala de exposicións municipal, no edificio Francisco Sánchez, a presentación do libro “A perda do uso de idiomas ibéricos. Caso especial do galego”, de Anxel Cardín.

A presentación do acto correrá a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela. Ademais, intervirá o investigador sociolóxico, Luís Cuntín, que presentará ao autor, e o propio escritor, Anxel Cardín.

Esta publicación ofrece unha panorámica pola evolución dos idiomas peninsulares ameazados e os problemas para a súa normalización, ollando coa lupa e de preto a do idioma galego.