Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Trilho Monte Faro”, última Andaina Saudable da Eurocidade neste 2013

10/12/2013

O próximo sábado 14 de decembro ás 10.00 horas(ES)

 

Martes, 10 de decembro de 2013. O próximo sábado, 14 de decembro, terá lugar a derradeira edición das andainas saudables da Eurocidade 2013, “Trilho do Monte Faro” en Valença, organizada pola Eurocidade Valença-Tui.

 

Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas(ES) / 09,00 horas (PT), dende o punto de encontro no Monte Faro, tendo un percorrido de 11 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade fácil. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.45 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.

 

Esta andaina remata o circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade 2013, cun total de 17 percorridos polos municipios de Valença e Tui, e cunha participación aproximada de 2.000 persoas.

 

A Eurocidade Tui-Valença que amosar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron nestas andainas, aos monitores do Club Celtas do Minho en Valença e de VerdeAzul en Tui polo seu traballo guiando os percorridos, aos membros dos Bombeiros Voluntarios de Valença, da Cruz Vermelha de Valençae de Protección Civil de Tui, pola colaboración en manter a seguridade en cada unha das andainas, así como ao supermercado GADIS polo seu apoio nos avituallamentos. Por último, agradecer á Xunta de Galicia, á Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal e ao programa de cooperación transfronteiriza España Portugal POCTEP pola súa axuda neste proxecto.

 

Pódese seguir toda a información na páxina:

 

http://www.facebook.com/pages/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables/490178017705157

Puntos de encontro:

·         Ás 09.45 horas españolas no parking do Lidl de Valença

·         Ás 10.00 horas españolas no Monte Faro

*Axúntase cartel da andaina