Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tributo a Zeca Afonso no Teatro Municipal

23/04/2013

Será mañá mércores, véspera da Revoluçao dos Cravos

 

Martes, 23 de abril de 2013. A Eurocidade Tui-Valença promove o concerto “Tributo a Zeca Afonso” que mañá mércores, 24 de abril, se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui a partir das 21h.

 

Vinte e seis anos despois do pasamento de José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos “Zeca Afonso” a súa música segue estando viva, como amosarána Banda Crevmusic e o Coro Juvenil da Academia Fernandes Fão, coa participación especial da Asociaçao Musical de San Pedro da Torre. No Teatro Municipal de Tui volverá a soar a emblemática “Grándola Vila Morena” xunto a otros temas como “Canção de embalar”, “Verdes São os Campos” ou “Milho Verde”.  Durante noventa minutos a música de Zeca Afonso será interpretada por trinta e seis músicos e cantantes.

 

As entradas para este concerto están á venda na web www.culturatui.info ata mañá mércores ás 13h, ou se poderán adquirir tamén mañá mércores dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.