Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro Ghazafelhos volve este venres a Tui con ‘As pitas baixo a choiva’

13/02/2023

Será unha obra para público familiar inspirada no conto de Carvalho Calero. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.

Teatro Ghazafelhos visita de novo o Teatro Municipal de Tui este venres, 17  de febreiro, ás 19.30 h coa obra ‘As pitas baixo a choiva’, un espectáculo con guión e dirección de Pepablo Patinho baseado nun relato de Ricardo Carvalho Calero.

Nesta obra para público familiar, Ludivina e Terejía son as dúas pitas protagonistas que viven no curral de Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que vai ás veces xogar con eles. Pero temen que ese día chova, pois cando isto ocorre, Ricardiño tolea e perségueas até pechalas no curral. Agora, coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e poida xogar con elas.

O elenco da obra está formado por Pablo Sánchez, Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho.

Teatro Ghazafelhos creou en 2006 da man de Montse Piñón e Pepablo Patinho, especializándose en obras teatrais para público familiar. Céntranse no traballo de monicreques, animación e teatro actoral.

“As pitas baixo a choiva” está recomendada a partir de 3 anos e ten unha duración de 60 minutos. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e 3 euros, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo de o carné xove,  carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.

Toda a información desta programación teatral en Tui pódese consultar nas redes do concello e tamén na web tui.gal. 

COMPRA DE ENTRADAS