Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tarabelos Teatro presenta o mércores na Biblioteca “O traxe novo do Rei”

22/05/2023

Esta actividade forma parte do programa “Tui en Letras”

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este mércores, 24 de maio, ás 18 h a representación de “O traxe novo do rei” da man da compañía de monicreques Tarabelos Teatro. É un espectáculo para público infantil recomendado a partir dos 3 anos. Está baseado nun conto clásico de Hans Christian Andersen.

Os grandes protagonistas desta obra son un traxe especial e máis un rei especial. Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Pero, podía ser certo?, funcionaría?. De algún xeito si, pero non coma el esperaba.

Esta actividade forma parte do programa “Tui en letras” que entre abril e xuño ofrece ata catorce actividades de animación á lectura e a promoción da lingua galega. Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, este espectáculo pretende achegar aos máis pequenos ao mundo da literatura e da lectura dun xeito divertido,  favorecendo así a súa aprendizaxe.

O programa “Tui en letras” conta con axuda da Deputación de Pontevedra.