Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Talía Teatro presenta este venres en Tui “Pequena”

22/05/2013

Mércores, 22 de maio de 2013. Talía Teatro presenta este venres ás 20h no Teatro Municipal de Tui a comedia “Pequena”. A obra está escrita e dirixida por Paula Carballeira, e interpretada por Marta Ríos.

 

Este é un espectáculo para descubrir o grande que pode chegar a ser alguén pequeno, e o pequenas que poden chegar a  ser as cousas grandes.  A protagonista é Nadiña que conta as historias da ogresa Barbadac e da pulga Petipuá.

 

Talía Teatro, compañía teatral creada en 1988, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior prestixio e repercusión.

 

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende as 18.30h no despacho de billetes ao  prezo de 3€ e 2€.

 

Talía Teatro con “Pequena”

Data: Venres, 25 de maio, ás 20h

Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende as 18.30h no despacho de billetes ao  prezo de 3€ e 2€.