Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Talía Teatro presenta este sábado no Teatro Municipal de Tui "Vida de cans"

4/03/2020

A cita será ás 20.30 h. Esta comedia está escrita e dirixida por Cándido Pazo

Unha comedia absurda e metafórica é a que chega este sábado ao Teatro Municipal de Tui con Talía Teatro. A cita será ás 20.30 h coa representación de “Vida de Cans”. 

A obra está escrita e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por  Toño Casais, Dani Trillo, Artur Trillo. Ao longo de 75 minutos reflexiona sobre a liberdade e como a encara cada quen. Tres actores, tres cans, afrontan a vida nun recinto pechado ou a busca da liberdade en función da súa personalidade.

As entradas está á venda en www.culturatui.info antes até o sábado 7 ás 12 h, e o mesmo sábado dende ás 19 h no despacho de billetes aos prezos 6€ e 5€.