Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Serbia, Taiwan, México e Polonia presentes na XIV Noite Internacional do Miño

22/07/2013

Luns, 22 de xullo de 2013. O Parque do Laxal en Rebordáns vai acoller o próximo martes, 23 de xullo, a partir das 21.30h a XIV Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Música e Baile San Fins de Rebordáns coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui.

 

O folclore de Serbia, Polonia, México e Taiwan será este ano o protagonista nun evento que aposta cada ano por achegar ata Tui o folclore doutras culturas.

 

Dende Serbia chega o grupo Simonov Ensemble, un dos mellores do seu país, que achegará unha selección de bailes e música representantivos de Serbia.  Dende Polonia estará presente o Folk Group “Raciborzanie” que representará bailes da rexión de Silesia e doutras zonas, cos seus traxes tradicionais. O momento máis exótico da noite chegará co Chinese Arts Dancins Ensemble de Taiwan.  Dende Jalisco, en México, estará presente nesta Noite Internacional “Estampas de México” integrado por estudantes universitarios.