Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Seminario sobre" Relixiosidade Popular na Historia" na Catedral de Tui

27/01/2014

Luns, 27 de xaneiro de 2014. A  Asociación de amigos da Catedral, en colaboración co Cabildo da S.I Catedral, o Concello de Tui e a Aula UNED , organiza o seminario “Relixiosidade popular na historia: un diálogo multidisciplinar entre cultura, arte e espiritualidade”. O curso terá lugar do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro e busca achegar ao público en xeral a relixiosidade popular no contexto socio-cultural da comarca do Alto Miño Luso e o Baixo Miño Galaico.

Os poñentes descubrirán aos asistentes as diferentes formas de manifestación desta relixiosidade popular dentro da tradición, o arte e a cultura nas diócesis de Tui e Braga.

O seminario comezará o venres 31 de xaneiro coa poñencia “A relixiosidade franciscana no sur de Galicia e norte de Portugal”, a cargo de Mª Dolores Fraga Sampedro profesora titular de Historia do Arte na Universidade de Santiago de Compostela. O sábado 2 de febreiro ás 20h Domingo Gonzales Lopo continuará con este percorrido histórico pola relixiosidade popular coa poñencia “Confraríase relixiosidade popular a beira da raia luso-galaica: as dióceses de Tui e Braga”. A claursura do seminario, o domingo 2 de febreiro, o historiador tudense Suso Vila impartirá ás 18h a conferencia “As orixes do culto da relixiosidade popular na fronteira do Miño. Os exemplos de San Treçon, San Telmo e Santa María do Camiño”. Á súa finalización, realizarase unha visita guiada aos diferentes elementos da relixiosidade popular na Catedral de Tui, Capela de San Telmo e a Igrexa de Santo Domingos. Todas as ponencias terán lugar na Catedral de Tui.

As xornadas son enteiramente gratuítas e abertas a todo o público. Por outra banda, os asistentes que desexen obter un certificado de participación no curso expedido pola aula universitaria tudense, deberán formalizar previamente a matrícula , que terá un custe de 10 euros, a través da páxina web www.un.edpontevedra.es.