Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Se incorporan 20 novos traballadores ao Concello de Tui

29/11/2013

Venres, 29 de novembro de 2013.O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recibía hoxe aos 20 novos veciños da localidade que, grazas aos programas de cooperación que o Concello  ten asinados coa Deputación de Pontevedra  e a Xunta de Galicia, reincorpóranse de novo ao mundo laboral.

 

Do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra contratáronse  un total de 15 persoas, 4 ao abeiro do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia e unha persoa como orientadora laboral.

 

Esta adhesión do Concello de Tui aos programas de emprego da Deputación e da Xunta son unha das iniciativas levadas a cabo polo goberno municipal no que a promoción de emprego se refire, invertindo un total de 180.000 euros no que vai de ano e que engloban un total de 90 contratos laborais a desempregados tudenses.

 

Así, por segundo ano consecutivo a organización municipal pon en marcha o Plan Local de Emprego cun investimento de 70.000 euros de fondos propios do Concello posibilitando a contratación de 11 desempregados para prestar servizos municipais .Súmese o Obradoiro de Emprego no que participan un total de 27 desempregados e outras actividades formativas levadas a cabo polo Concello foron a formación en electricidade e carpintería para un total de 32 alumnos.

 

O alcalde de Tui saudou persoalmente a este novos traballadores, de carácter temporal, do Concello tudense salientando o esforzo que realiza o grupo de goberno nesta materia.