Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sae a licitación a explotación da Cafetería do Centro Interfederado de Tui

24/04/2014

Os interesados terán un prazo de quince días naturais, contados a partir de mañá, para presentar as súas ofertas

Xoves, 24 de abril. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, BOP, publicou o pasado luns 21 un anuncio do Concello de Tui polo que se informa da exposición pública e apertura do prazo de licitación da explotación da cafetería do Centro Interfederado. A xunta de goberno local aprobou hai uns días esta licitación por tramitación ordinaria e procedemento aberto fixando un canon anual mínimo de 4.128,10€ máis IVE. 

Segundo se recolle no anuncio publicado no BOP o contrato terá unha duración de dous anos, prorrogables por outros dous.

Os pregos técnicos e administrativos poden solicitarse na Secretaría do Concello de Tui, podendo consultarse tamén as bases desta licitación no perfil do contratante da páxina web www.concellotui.org.  Os interesados teñen un prazo de quince días naturais, contado a partir de mañá venres 25 de abril, para presentar as súas ofertas no rexistro xeral do Concello de 9 a 14h de luns a venres e os sábados de 9 a 13h.