Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Rematan as obras de mellora do acceso e entorno da igrexa de San Domingos

21/12/2012

En días pasado foron finalizadas as obras de mellora do acceso e do entorno da igrexa de San Domingos que supuxeron un investimento de 10.776,97€ realizado con fondos propios do Concello tudense que teñen mellorado substancialmente o aspecto do contorno e a accesibilidade deste elemento patrimonial.

 

A obra executada mellora a accesibilidade ao templo e espazo comprendido entre o adro e a beirarrúa, para potenciar toda a contorna deste monumento liberándoa de mobiliario urbano e de automóbiles (pois esta zona era utilizada como aparcadoiro). Asi foi realizada unha pequena zona verde, con dúas parterres, situadas cada unha a ambos os dous lados da prolongación do  corredor central que une o acceso á igrexa coa beirarrúa.

 

En concreto, as  intervencións acometidas foron:

- creación de dúas parterres, delimitadas polo propio corredor, a beirarrúa de granito exterior e mediante un bordo de granito ao camiño de acceso lateral.

- Corredor central realizado en laxas de granito. Seguindo a disposición do corredor actual do adro.

- Instalación de rego.

- Colocación de pilonas, para impedir o estacionamento sobre as zonas de céspede.

 

Para o rexedor tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta obra ten mellorado substancialmente o acceso a esta igrexa gótica e que conserva no seu interior un importante conxunto escultórico de época barroca, representado polos dous espectaculares retablos do século XVIII e que ata agora estaba alterado polo estacionamento de vehículos. Coa intervención acometida se facilita o acceso e se dota de maior ornato a este lugar.

 

Esta intervención da continuidade a varias actuacións promovidas polo goberno municipal tudense para mellorar a accesibilidade aos diversos enclaves patrimoniais da cidade, como foi o caso –hai algúns meses- da instalación no acceso ao adro da igrexa de San Telmo de diversos pivotes de pedra que impiden o estacionamento de vehículos que dificultaban a entrada a aquel visitado lugar. O goberno municipal valora outras novas actuacións que favorezan a humanización desta zona monumental para facilitar o lecer e a  visita dos numerosos visitantes que percorren as nosa rúas.