Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Remata a visita de delegacióno de Versmold que asinou o irmanamento con Tui e participou nos actos festivos de San Telmo.

10/04/2013

 

Esta mañá partiron da nosa cidade os integrantes na delegación oficial da cidade de Versmol que ao longo desta fin de semana participaron nos actos institucionais de sinatura do acordo de irmanamento con Tui asi como na programación dos festexos na honra de San Telmo, culminando coa súa participación na ofrenda ao patrón tudense celebrada no interior de Catedral ao no saír a procesión por mor da choiva.

 

A delegación estaba presidida polo alcalde de Versmold, Thorsten Klute, acompañado de concelleiros das diversas agrupacións políticas daquel municipio, por varios xornalistas locais e por diversos persoal daquel concello. Amáis da delegación oficial un grupo de case corenta veciños de Versmold, moitos deles emigrantes galegos, estiveron en Tui nestas xornadas efectuando o seu desprazamento nun autobús, entre eles os integrantes do equipo de fútbol “Español” de Vesrmold que disputou un partido co Tyde FC na mañá do pasado sábado.

 

A sinatura deste acordo de irmandade foi o acto central desta visita. Celebrado no Salón de Plenos da Casa do Concello na tardiña do pasado sábado 6 de abril foi logo expresado coa plantación dunha maceira doada polo municipio de Versmold e que foi colocada no inicio dos Xardíns de Troncoso.

 

O día anterior celebrouse un concerto na Sala de Audicións do Conservatorio Municipal de Música onde foron interpretadas diversas pezas musicais por alumnos dos centros docente musicais de Versmold e Tui que compartiron así a súa afección e as súas melodías.

 

Para o rexedor tudense, Moisés Rodríguez Pérez, o resultado desta visita é sumamente satisfactorio xa que mais aló da sinatura do acordo de irmanamento a poboación tudense acolleu moi favorablemente esta iniciativa, como foi posible comprobar no acto de sinatura cun Salón de Plenos ateigado de veciños e a abre posibilidades de colaboración en numerosos ámbitos de interese común: a música e o deporte, pero tamén a educación e mesmo en materia laboral.

 

A delegación de Versmold estivo acompañada en numerosos momentos por antigos emigrantes tudenses naquela cidade xermánica que gardan unha agarimosa lembranza da súa estadía naquela localidade coa que manteñen aínda numerosos lazos familiares e de amizade.

 

Concerto

Concerto

Plantación dun arbore

Signatura irmandade Versmold