Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Remata o cinema de verán coa proxección da película de animación “Ferdinand”

23/08/2018

Será  mañá venres 24 de Agosto  as 22:00h na Praza de San Fernando

A derradeira xornada do cinema de verán da programación cultural de Tui será mañá venres, 24 de agosto ás 22:00h na Praza de San Fernando coa proxección da película “Ferdinand”. A película de animación infantil trata dun toro, Ferdinand, que prefire sentarse baixo unha árbore e ulir as flores  que pelexar con outros toros. Todo cambiará para Ferdinand o día que é elixido para ir as corridas de touros en Madrid. Esta divertida comedia ten unha duración de 106 minutos.