Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recursos sobre o Patrimonio Cultural Tudense

7/04/2020

Tui conta cun importante patrimonio cultural, sendo este unha das súas principais sinais de identidade, así coma un dos seus destacados recursos turísticos.

Nestes días de confinamento o Concello de Tui publica unha compilación de recursos accesibles en liña para visitar este patrimonio e afondar no seu coñecemento.

Un destes recursos é o propio apartado dedicado ao turismo na web municipal www.tui.gal, onde podemos atopar información sobre o recursos patrimoniais culturais da cidade coa súa historia, imaxes e vídeos. Están tamén accesibles na APP Municipal Concello de Tui.

Asía na Galería atopamos albumes de fotografías da Catedral de Santa María, o Conxunto Histórico, Camiño Portugués, ou Tui dende o Ceo.

Na canle de Vimeo do Concello de Tui podemos visionar distintos vídeos coma “Tui, cidade histórica, natural, monumental…”, “Tui, Porta do Camiño”, ou “Ruta Xudía”, entre outros.

Dende a Concellería de Patrimonio compílanse estes recursos on-line para mellorar o coñecemento dos recursos patrimoniais do noso municipio dende o convencemento de que este coñecemento implicará unha mellor valoración e conservación do mesmo.  

Paralelamente a difusión destes recursos quere tamén levar unha mensaxe de cara ao futuro. Ao  remate deste período de confinamento Tui estará agardando a todos os visitantes e turistas cunha acreditada oferta turística que, abofé, irá pouco a pouco recuperando normalidade á medida que se vaian levantando as medidas de confinamento.

Así máis aló dos recursos propios accesibles en liña, tamén se compilaron outros recursos accesibles de interese sobre o patrimonio cultural tudense.

Listaxe de recursos:

 

  • Francisco Sánchez
    • A Fundación Ignacio Larramendi ten na súa biblioteca virtual de polígrafos españois un apartado dedicado a Francisco Sánchez, filósofo e médico nado en Tui en 1550. Foi o autor de “Quod nihil scitur”, obra de referencia no ámbito da filosofía. É un dos tudenses máis destacados da historia.
  • Fotografías Antigas de Tui, páxina en Facebook
  • Tudensia, blog sobre a historia de Tui