Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recomendación de evitar o uso da auga para regos e baldeos ou desprazalos á noite ante a vaga de calor

12/07/2022

Dende o Consorcio do Louro fan esta solicitude especialmente para a veciñanza de Caldelas, Baldráns, Paramos e Guillarei

Ante a Vaga de Calor dende o Consorcio de Augas do Louro, para evitar problemas de presión e caudal, recomenda minimizar os consumos de auga ou desprazalos á noite nas parroquias de Caldelas, Baldráns, Paramos e Guillarei. 

Así o indican nun bando informativo no que se recomenda reducir a utilización da auga dpara a rega de xardíns, baldeos e enchido de piscinas, evitando estes consumos ou desprazándoos ao tramo horario comprendido entre ás doce da noite e ás seis da madrugada. Deste xeito axudarase a que todos os usuarios poidan realizar un uso normal da auga en actividades domésticas. 

Grazas pola colaboración.