Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción Oficial aos padeeiros do Campionato de Europa de Piragüismo en Pista – Poznan 2013

5/07/2013

Venres, 5 de xullo de 2013. O próximo luns, 8 de xullo, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, realizarase a recepción oficial dos padeeiros do Club Kayak Tudense, Óscar Carrera Amandi, Rubén Millán Rodríguez, Joan Ardit Vélez e Andrea Porteiro Ocampo, que participaron no Campionato de Europa de Piragüismo en Pista Sub23 e Júnior, celebrado os días 29 e 30 de xuño, na localidade polaca de Poznan.

 

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, así como os padeeiros homenaxeados e os seus familiares e compañeiros do Club Kayak Tudense.