Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción no Concello de Tui a David Fernández, Campión de España de Junior de BTT Enduro

24/09/2020

Á recepción tamén asistirá André Martínez, participante no Campionato de España de BTT DH

Mañá venres, ás 11.00 horas, na casa do Concello de Tui, se realizará a recepción ao deportista tudense David Fernández Pérez, actual Campión de España Junior de BTT Enduro, éxito acadado no Campionato de España de Enduro BTT, celebrado en Castejón de SOS, o día 13 de setembro. Tamén asistirá André Martínez, deportista tudense que participou no Campionato de España de BTT DH, o pasado fin de semana en Granada.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, acompañados por compañeiros da corporación municipal, así como David Fernández e André Martínez, ambos ciclistas tudenses da Escola de Ciclismo Avanza.