Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción ao equipo cadete a Fábrica de Tui FS

26/06/2013

Mércores, 26 de xuño de 2013. Mañá xoves, 27 de xuño, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, recibirase ao equipo A Fábrica de Tui FS Cadete, que vén de proclamarse recentemente Campión da Copa Cadete e Subcampión na Liga Cadete, no seu primeiro ano.

 

Neste acto estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, así como os integrantes do equipo de fútbol sala cadete e o seu adestrador, Javier Reboreda.