Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A proxección de “Frozen” pecha este sábado o Cinema ao Aire Libre en Tui

26/08/2014

Martes, 26 de agosto de 2014.  Este sábado, 30 de agosto, ás 22.30h proxectarase na Praza de San Fernando a película de animación "Frozen". Con este filme pecharase o ciclo de catro películas que se puideron ver no verán en Tui.

"Frozen" conta a historia de Anna que inicia unha viaxe épica para atopar a súa irmá Elsa. Estará acompañada polo audaz home de montaña Kristoff e polo seu fiel reno Sven. Xunto loitarán por salvar o reino de Arendelle atrapado nun inverno eterno.

En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal.