Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A promoción do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui será un dos obxectivo do obradoiro Percorre Tui 2018 que hoxe comeza

3/12/2018

Durante nove meses vinte alumnos se formarán nas especialidades de Promoción turística local e información ao visitante” e “Confección e publicación de páxinas web”

Vinte persoas en situación de desemprego participan dende hoxe no obradoiro Percorre Tui 2018, no que tras nove meses de formación mellorarán a súa empregabilidade. Impártese no Centro de Formación en Guillarei con dúas especialidades “Promoción turística local e información ao visitante” e “Confección e publicación de páxinas web”. Integran o obradoiro un director, unha titora, un docente por especialidade e unha auxiliar administrativo xunto a vinte alumnos e alumnas. O obradoiro conta cunha achega de 288.807€ concedidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Emprego e Formación, Mila González achegáronse ata o Centro de Formación para darlle á benvida aos participantes no obradoiro e desexarlles o máximo aproveitamento desta actividade formativa. O alcalde, como responsable tamén da Área de Turismo, explicouse que arestora está adxudicado a redacción dun Plan Director de Turismo do Municipio, que o concello terá por vez primeira un técnico de Turismo con carácter permanente, e que se ven de completar a sinalización do conxunto histórico. Tamén lles explicou que Tui rexistrou a súa solicitude para formar parte da Rede de Juderías de España, unha resolución que se coñecerá na primavera.

Rodolfo Villalba, director do obradoiro Percorre Tui 2018 explicou que a especialidade de turismo fará un balance e presentará unha serie de propostas para promover o Camiño de Santiago ao seu paso por Tui. Mentres o alumnado de Confección e publicación de páxina web dará forma técnica aos contidos propostos polos seus compañeiros.  Mª Jesús Álvarez a monitora da especialidade de Turismo sinalou que se centrarán na promoción non só do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui senón tamén as rutas de sendeirismo que hai en todo o termo municipal. Elaborarán informes coa coas fortalezas e deficiencias de cada percorrido. A parte práctica a levarán a cabo coa realización de rutas guiadas, actualización de bases de datos, ou na propia Oficina de Turismo. Mentres Marcos Villafín, o monitor da especialidade de páxinas web indicou que o alumnado se iniciará nas novas tecnoloxías para promover os contidos que aportarán dende a especialidade de Turismo cunha web amigable e accesible dende as distintas plataformas. Este obradoiro pode ser amais o punto de partida para no futuro especializarse nalgún dos ámbitos vinculados, coma posicionamento web, mantemento de páxinas web, marketing dixital, redes sociais,…  onde pode atopar unha saída profesional.