Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programa "O Cine nas Aulas"

7/05/2012

O Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Adictivas, porá en marcha a segunda proxección do programa “O Cine nas Aulas”, terá lugar o día 22 de maio as 11 horas,  na sala Teatro da Area Panorámica .

O programa está dirixido a alumnos/as de 2º da ESO, dos IES do Concello de Tui.

A formulación do programa e que o profesor traballe o tema da prevención a partir das películas.

Todo o material complementario que se lle facilitará, unidades didácticas para os alumnos/as e para os profesores/as, servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía, xa que consideramos que o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude para implementar todo iso e que nos pode facilitar, ademais, a profundización noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.