Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentada a 1º Eurocidade 10, a carreira popular entre Tui e Valença de 10 QM de percorrido a celebrar o domingo 17 de Xuño

6/06/2012

Esta maña foi presentada no Centro Interfederado de Tui a “1ª Eurocidade 10” unha carreira popular organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença e que O domingo 17 de xuño reunirá nesta Eurocidade a numerosos afeccionados ao atletismo de Galicia e o Norte de Portugal.

No decurso da presentación participaron o Presidente do Clube de Atletismo Thermalia Tui, Rafael Pérez,  os concelleiros de Tui e Valença, Nicolás Lorenzo e José Monte, xunto ao Presidente da Camara de Valença, Jorge Mendes e o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.

Os presentes informaron que esta carreira nace con vocación de continuidade estando previsto que nos anos pares a saída e chegada será en Tui e namentres que nos impares terá lugar en Valença.

O circuíto constará de 10 qm. nesta 1ª edición a saída será de Tui pasando pola Ponte Internacional, Valença do Minho e volvendo a Tui, nun percorrido que combina o patromonio histórico e natural.. A saída darase o domingo 17 de xuño ás 11 a.m. dende a Corredoira de Tui, quedando a meta instalada no mesmo punto. o tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 30min.

Os participantes recibirán os dorsais e un chip, que controlará o tempo, e que serán entregados o día da proba a partir das 09:00h. ata as 10:30h, é dicir, 30 min. antes do comezo da mesma. para retirar o dorsal e o chip é obrigatorio presentar o d.n.i. ou pasaporte.  Ao finalizar cada unha das probas é obrigatorio a entrega do chip nunha  zona habilitada tras cruzar a liña de meta.

Existen varias categorías:

 

JÚNIOR/PROMESAS

Nacidos/as en 1990-1991-1992-93-94

SENIOR

Nacidos/as en 1989, anteriores e ata veteranos

VETERANOS/AS      A

Desde o día que cumpran 35 años

VETERANOS /AS    B

Desde 50 en adiante

 

A inscrición está aberta ata o vindeiro 13 de xuño, realízase exclusivamente on-line e custa 4 euros por persoa. Toda a información e a ligazón á inscripción está dispoñible na páxina  do Club Atletismo Tui.

 

Os organizadores agradecen a colaboración de diversas entidades públicas e privadas e confina en acadar os cincocentos participantes neste primeira edición da Eurocidade 10 o vindeiro domingo 17 de xuño.