Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación XVI Feira do Libro

28/05/2013

Presentación XVI Feira do Libro

 

Martes, 28 de maio de 2013. Mañá mércores, 29 de maio, ás 11.00h vaise presentar na sala de reunións da Casa do Concello de Tui a XVI Feira do Libro Galego organizada pola Concellería de Cultura de Tui coa colaboración das librarías Iris e Valverde de Tui, xunto á Librería Moderna e a Biblioteca Municipal de Valença.  Esta feira, que foi aprazada a súa celebración o pasado 17 de maio polas previsións meteorolóxicas, terá lugar este sábado 1 de xuño.

 

A presentación correrá a cargo da concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, xunto a representantes das librerías participantes.

 

Presentación da XIII Feira do Libro Galego

Lugar: Sala de reunións do Concello de Tui

Data: Mércores 29 de maio, ás 11.00h