Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación III Trofeo Kaiak Polo Club Penedo

20/05/2014

Martes, 20 de maio. Mañá mércores, 21 de maio, ás 11.00 horas, na sala de reunións da Casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación do III Trofeo de Kaiak Polo Club Penedo, organizado polo equipo feminino de kaiak polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo, dentro da XIX Liga Galega de Kaiak Polo. O Trofeo disputarase o próximo domingo, 25 de maio, dende as 09.00 horas, nos campos de xogo instalados en fronte ao Centro Interfederado de Tui.

 

A presentación correrá a cargo de Moisés Rodríguez, alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, Nicolás Lorenzo, concelleiro de Deportes, e Patricia Ricón, xogadora do equipo feminino de kaiak polo do Club Piragüismo Penedo.