Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Programa Deportivo da Eurocidade 2014

13/02/2014

Xoves, 13 de febreiro de 2014 . Mañá venres, 14 de febreiro, terá lugar a presentación do Programa Deportivo da Eurocidade 2014 ás 13h españolas na Pousada  San Teotónio de Valença do Minho. Nela exporase a programación deportiva que a Eurocidade desenvolverá ao longo do presente ano.

Á mesma acudirá o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara Municipal de Valença Jorge Salgueiro, os vereadores de Deportes de Valença e Tui José Monte e Nicolás Lorenzo, así coma o secretario Xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete e un representante do Instituto Portugués de Deportes.