Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Mercado da Verdura

16/04/2014

Mércores, 16 de abril de 2014. O próximo luns, 21 de abril, ás 11h na sala de reunións do Concello de Tui será presentado o Mercado da Verdura que se vai celebrar cada segundo e último sábado de mes no Cárcere Vello no Conxunto Histórico de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, un representantes de APEGA, a Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, e o presidente do Foro Tude, Suso Vila.