Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do IV Encontro Máster Internacional de Remo Tui 2014

25/08/2014

Luns, 25 de agosto de 2014. O mércores 27, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros de Tui, terá lugar a presentación do IV Encontro Máster Internacional Remo Tui 2014, organizado polo Club Remo Tui, en colaboración co Concello de Tui, que terá lugar o día 30 de agosto, a partir das 17.00 horas, entre a vella ponte internacional e o Centro Interfederado de Tui.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, así como o presidente do Club Remo Tui, Francisco Javier Álvarez