Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do III Torneo Eurocidade de Fútbol 7

13/05/2014

 

Martes, 13 de maio de 2014. Maña mércores, 14 de maio, ás 11horas españolas, na Biblioteca de Valença, terá lugar a presentación do III Torneo Eurocidade de Fútbol 7, organizado pola Eurocidade Valença-Tui, en colaboración co S.D. Valenciano e do Tyde F.C., que terá lugar os días 17 e 18 de maio nas instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui e Dr. Lorenzo Raimundo de Valença.

 

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, así como os responsables do S.D. Valenciano e do Tyde F.C.