Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do campu de tecnificación Joe Arluckas

23/07/2013

Luns, 22 de xullo de 2013. O próximo mércores 24, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campus de Tecnificación Joe Arlauckas, que está realizándose en Tui dende o día 22 ata o 27 de xullo, nos pavillóns deportivos municipais de Tui, organizado polo Club Baloncesto Tui en colaboración co Concello de Tui.

 

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, do concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, do presidente do club Baloncesto Tui, Juan Ramón Cal, e dos directores do campus, Joe Arlauckas ex-xogador NBA e ACB, e Carlos Losada, adestrador e exdirector técnico da canteira do Real Madrid nos últimos dez anos.